20 noviembre 2007

O CARALLO 29

Un post dirixido a que os loairos falemos (se cabe) con mais propiedade e sepamos o que dicimos cando mandamos a alguén "ó carallo 29".
Seguro que todos coñecedes esta expresión, ou a escoitachedes nalgunha ocasión. O que ó mellor non sabedes é que O CARALLO 29 EXISTE REALMENTE. E está en Compostela.
Botade unha ollada:

http://santiagodecompostela.vivelaciudad.es/2007/03/08-o-carallo-29

10 noviembre 2007

FEIRA DE INVERNO STA. MARIA DO CAMPO
I MOSTRA DE TRAXES TRADICIONAIS

o pasado domingo dia 04 de novembro de 2007 a asociacion de veciños de santa maria do campo organizou a feira de inverno como ven sendo habitual dende hai xa uns cantos anos.
nesta feira podiase ver dende cabalos ata unha ampla gama de productos artesanais e gastronomicos.
a nosa asociacon quixo colaborar nesta feira montando a súa primeira exposicion de traxes tradicionais de distintas comarcas do noso pais.
o mesmo tempo puxemos artigos de roupa e xoieria tradicional á venda.
dende aqui queremos agradecer a todos os que nos axudaron para tal evento cedendo algunhas pezas de roupa e colaborando na montaxe.

tamen destacar que se estrearon con grande exito, ainda que de maneira complentamente improvisada, o noso grupo de pandereteir@s amenizando a festa ós asistentes en varias ocasions ó longo do dia.