IV ENCONTRO INTERNACIONAL DE PANDEIROS DE MAN.
Esta nova edición ademais de continuar coa programación reservada á pandeireta galega amplia definitivamente o seu interese polos tambores de mao considerando o adufe (pandeiro cadrado) e a pandeira (pandeiro redondo) no conxunto dos pandeiros de mao do mundo.Teremos neste encontro representación do pandeiro cadrado de Pontevedra, con Maruxa das Cortellas considerada unha virtuosa popular deste instrumento. Desde Portugal, pais que conservou con maior vixencia a tradicción dos adufes introduccindoo en espectáculos contemporaneos, contaremos con a presencia de Paulo Meirinhos, un bon coñecedor da percusión popular portuguesa que compartillará espazo con Davide Salvado, xoven cantador e músico renovador na pandeireta galega. E para rematar,un cantor do Norte galego, Xabier Diaz presentando o seu novo disco “Coplas para Icia”.
PROGRAMACIÓN
Sábado 20.
22,00h. Serán Urbán na Praza da Verdura. As tanxedoiras do pandeiro, Maruxa das Cortellas, Pandereteiras da Hermida, … escenario aberto para quen desexe tocar.
Domingo 21.
11h-14h. Aula aberta de adufe con Paulo Meirinho (Portugal). Edificio do antigo Conservatorio.
17-18h. Concerto didáctico.Teatro Principal. O adufe en Portugal. Paulo Meirinho.- A pandereta e o pandeiro galegos. Davide Salvado.
20,30h. Concerto presentación do disco “Coplas para Icia” de Xabier Diaz. Teatro Principal.

Organiza: As. do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.
Promove: Concellaria de Cultura. Concello de Pontevedra.