25 septiembre 2007

ARRINCAN AS CLASES DE PANDEIRETA

As clases de pandeireta comezaron por fin, con moita ilusión, enerxía e moitas ganas por parte dos alumnos de converterse moi pronto nuns pandereteiros de quitar o sombreiro. Para mostra do seu talento e das maneiras que xa van apuntando, aquí deixamos unhas fotos da clase de iniciación nas que os collimos en plena acción...



13 septiembre 2007

HORARIOS CURSO 2007 - 2008

Luns
21h. - Pandeireta: Iniciación e Perfeccionamento Adultos.

Mércores
21h. - Baile: Iniciación e Perfeccionamento Adultos.

Xoves
21h. - Ensaio do GMBT Loaira.

Venres.
18h. - Pandeireta: Iniciación e Perfeccionamento Nenos.

Sábados
10.30h. - Baile: Iniciación Nenos.
12h. - Baile: Perfeccionamento Nenos.
16h. - Ensaio do GMBT Loaira.

10 septiembre 2007


PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO

Este xoves dia 13 ás 21 horas haberá unha primeira toma de contacto no local da asociación para explicar o funcionamiento do grupo de baile e música tradicional e os horarios das actividades asi como para inscribirse a calquera delas.
Para calquera consulta podedes poñervos en contacto no mail da asociación
acloaira@gmail.com , nos telefonos 649422846 - 652945215 ou ben deixa algún comentario.

08 septiembre 2007

A MÚSICA GALEGA NO NOVO ESTATUTO DE AUTONOMÍA

É un debate interesante... ¿Debe recollerse nos textos lexislativos a protección de unha manifestación cultural determinada ou isto favorecería o seu estancamento e posibles instrumentalizacións políticas?

04 septiembre 2007






PRIMEIRAS ACTIVIDADES



En breve comezaremos a nosa andaina coas clases de baile tradicional e de pandeireta e canto tradicional. Xa temos os nosos primeiros carteis nas rúas.

Se queres informarte ou apuntarte, pódelo facer na dirección acloaira@gmail.com ou nos números 649 422 846 ou 652 945 215.
Anímate!!!







03 septiembre 2007

PARTIMOS
Benvidos ó blog da A.C. LOAIRA. Cos últimos coletazos do verán bota a andar a nosa asociación e, con ela, este punto de encontro dixital, bitácora que procuramos serva para dar a coñecer o día a día de actividades previstas e traballos desenvolvidos. Agradecemos que nos fagades chegar as vosas suxestións, ideas e dúbidas.