03 marzo 2009

ESTREA MUNDIAL DOS VILARACHOS


A pesar dos intentos da climatoloxía por impedilo, O pasado domingo tivo lugar como estaba previsto no palco de musica da alameda de Marín a estrea mundial dos Vilarachos, acompañados das pandereteiras de Loaira. Aquí podedes ver un fragmento da actuación e algunhas fotos libres de copyright do evento.




http://www.youtube.com/watch?v=dKtlcjpt5lA

17 julio 2008

VII FESTIVAL RETROUSO



O sábado 12 de xullo celebrouse no eirado de Cela, en Bueu o VII Festival Retrouso con diversidade de actividades durante todo o día:

-Obradoiro de instrumentos de cana


-Concurso de Tortillas


-Torneo de cartas


-Concerto das Escolas Retrouso: acordeonistas, ghaiteiros, percusionistas, pandeireteiras, bailadores...

-Grupos de baile: Abrente do Foxo, na Estrada; Xarandeira de Pontecesures e o grupo anfitrión Retrouso, de Bueu.



Puxo o apuntamento musical o quinteto O Tamboril Furado, un grupo folk de Soutomaior con máis de dez anos de experiencia; un movemento musical que combina pezas tradicionais e da súa autoría nun ambiente ben festeiro, como a ocasión o merecía.

AS PANDERETEIRAS DE LOAIRA NAS FESTAS DO CARME DE MARÍN



O xoves 17 de Xullo poderemos gozar da actuación das pandereteiras de Loaira no marco da Noite das Culturas, acto adicado á inmigración de Marín e organizado dentro das Actividades das Festas do Carme 2008 do Concello de Marín.


As nosas pandereteiras ofrecerán un repertorio de agarrados, muiñeiras e xotas recollidas en distintos concellos de Galicia.



Pasarán polo escenario xunto coas Batuko Tabanka e o Royal Cultural Group, ofrecéndonos as súas músicas diversas durante aproximadamente dúas horas de espectáculo.



A cita é ás 11 da noite no Parque Eguren de Marín.


16 junio 2008


NARÓN CREA UNHA MOSTRA CINEMATOGRÁFICA DE CONTIDO SOCIAL

Foi elixido como presidente de honra Federico Luppi, que anda estes días de xira por Galicia cunha obra de teatro. Apadriña a mostra “Cinema e sociedade 2008” que se celebrará en Narón do 4 ao 11 de outubro.
A actividade foi presentada en Santiago esta fin de semana e o seu director, Luís Calvo, asegurou que ten un obxectivo dobre: render homenaxe ao colectivo de actores galegos e, doutra banda pór de manifesto problemáticas sociais de máxima actualidade.
Fontes: Consello da Cultura Galega e Club Internacional de Prensa .

10 junio 2008

ADIADO O I CONCURSO DE PANDERETEIRAS LOAIRA.

Nos últimos días moitos grupos nos teñen manifestado a súa imposibilidade para participar no noso concurso por mor de teren concertadas actuacións con anterioridade. Ó non cubrir por tal motivo o numero mínimo de grupos participantes, a dirección da A.C. Loaira tomou a decisión de adiar o concurso, acordando como nova data o día 19 de outubro.

Esperamos poder contar con todos vós nesta nova cita, agardando que sexa mais accesible para todos os interesados.
Se tendes calqueira cuestión, non dubidedes en poñervos en contacto con nos no mail da asociación. Graciñas.

31 mayo 2008

TRES REPORTAXES DE ALFONSO PATO

O rexurdir dos seráns (El País, 13/07/07).
Pandereteiras en Bruselas (El País, 10/05/08).
Cazadores de cantigas (El País, 23/05/2008).


15 mayo 2008



I CONCURSO DE PANDERETEIR@S

O próximo día 15 de xuño é a data elixida para levar a cabo o noso primeiro evento de certa "envergadura", o 1º concurso de pandereteiras LOAIRA. Terá lugar no colexio San Narciso de Marín ás 17:00 horas.
Os grupos interesados en inscribirse podédelo facer no noso enderezo de correo electrónico ou nos números de teléfono 649 422 846 ou 652 945 215.
Ánimo, ghuapas e ghuapos!

BASES DO CONCURSO

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recretaivas, folclóricas, de veciños, etc... que o desexen.

2. Constara de unha única modalidade: Grupos de pandereteiras, que constará de duas categorías.

CATEGORIA A: ata 15 anos
CATEGORIA B: de 15 anos en diante.

3. Os grupos participantes poderan ser femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

4. Os concursantes poderan conscursar en todalas modalidades. Sen embargo non poderan concorrer en mais dun grupo en cada unha delas.

5. Os premios serán os seguintes:

CATEGORIA A:
1º PREMIO: TROFEO E 200€
2º PREMIO: TROFEO E 100€
3º PREMIO: TROFEO

CATEGORIA B:
1º PREMIO: TROFEO E 250€
2º PREMIO: TROFEO E 150€
3º PREMIO: TROFEO

6. Cada grupo tera un tempo limite de 5 minutos para interpretar a peza coa que tomara parte no certame. O grupo que sobrepase o tempo establecido quedara automáticamente descalificado. O tempo empezara a contar dende que empece a peza a interpretar.

7. No momento da calificación o xurado tera en conta:
- Auntenticidade da peza, que tera que ser tradicional
- Dificultade da mesma en canto a toque de pandeireta e melodía.
- Afinación e interpretación.

8. O concurso tera lugar o dia 15 de xuño de 2008 ás 17h no auditorio do Colexio San Narciso de Marin. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

9. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumplimentada a seguinte dirección: Republica Arxentina, 36 3ºA 36900 Marin, ou ben o correo electrónico da asociación: acloaira@gmail.com . O prazo será ata o 8 de xuño de 2008.

10. O xurado, complentamente libre e independente, estará formado por tres membros de recoñecido prestixio na materia e os seus fallos serán inapelables.

11. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. A organización reservase o dereito de exisir o DNI ou libro de familia de calquer participante que semelle dubida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación participante, membro do xurado ou que estime oportuno a organización. No caso de non presentalo o grupo quedara descalificado automáticamente.

12. Os premios entregaranse ao remate do concurso.

13. Nesta convocatoria os grupos de A.C Loaira non poderan participar.

Calquera dubida que teñades ou xurerencia será atendida no correo electrónico da asociación ou ben no seguinte teléfono: 649422846

06 mayo 2008

FEIRA DO CAMPO

A AA.VV. de Santa María do Campo celebra unha nova edición da FEIRA DO CAMPO o vindeiro 11 de maio, con postos de artesanía, gando, aparellos de labranza... ademais dunha exhibición cabalar (as 10 da mañá) e unha exposición de labores durante toda a xornada na casa de cultura.
Por suposto, no bar haberá comida e bebida a prezos populares.

FEIRA DO CAMPO
Domingo, 11 de maio de 2008
Adro do Campo - O Campo.
Marín

23 abril 2008

GRUPO DE PANDERETEIRAS LOAIRA


aqui vos deixo unha foto das pandereteiras na súa primeira intervención, ata que unha señorita chamada Damaris me pase o video. ¿ A que estan ghuapas?

22 abril 2008

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Máis dun cento de paises celebran hoxe o Día Internacional do Libro, que terá en Galiza este ano un carácter especial por mor da campaña de fomento da lectura que empeza hoxe e rematará o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
A idea da campaña que desenrolará a Consellaría de Cultura é levar o libro e a lectura a espazos non necesariamente ligados as letras, como medios de transporte, estadios deportivos, centros de saude, praias, etc. co reparto de exemplares de balde.

A Wikipedia contén información sobre a historia deste día:
http://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_del_Libro

Bo Día do Libro a tod@s.